Blog Widget by LinkWithin

16/10/09

TARXETAS DE FELICITACIÓN

Uns traballos estupendos que fixeron os nenos e nenas do cole para agasallar a Mik no seu aniversario e que demostran que son uns auténticos artistas.

07/10/09

PASSARINHOS

A nosa amiga Marieke, de Ponto de encontro , un fantástico blog cheo de sensibilidade, mándanos unha poesía preciosa. Está en portugués pero seguro que a entendes moi ben. Déixate levar polos passarinhos... ¡GRACIAS, MARIEKE!

Os passarinhos
Tão engraçados,
Fazem os ninhos
Com mil cuidados.

São p’ra os filhinhos
Que estão p’ra ter
Que os passarinhos
Os vão fazer.

Nos bicos trazem
Coisas pequenas,
E os ninhos fazem
De musgo e penas.

Depois, lá têm
Os seus meninos,
Tão pequeninos
Ao pé da mãe.

Nunca se faça
Mal a um ninho,
À linda graça
De um passarinho!

Que nos lembremos
Sempre também
Do pai que temos,
Da nossa mãe!

Afonso Lopes Vieira

11/08/09

COUSAS IMPORTANTES

Conchita, de Blogmaníacos, envíanos este bonito selo cunha fermosa mensaxe. Moitas grazas por este agasallo e, sobre todo, pola vosa amizade.

Pola nosa parte queremos enviarllo a algúns blogues importantes para nós, cos que sempre aprendemos cousas: Aprendendo todos xuntos, Contadora de soños, En la escuela caben todos, O lapis falador, Bibliobrey e Bibliocovas

08/08/09

XUNTA OS PAXARIÑOS

O xogo da Familia Paxaro é moi divertido. Co rato do ordenador debes guiar a mamá paxaro para que vaia xuntando os paxariños. Desplaza a mamá ata os filliños e verás como eles a van seguindo. A continuación lévaos ao pelícano que pasa para poñelos a salvo. Ten coidado coa bruxiña e cos corvos negros porque se bates con eles perderás unha vida. Evita tamén as nubes negras porque escaparían os paxariños que xa tés reunidos. Cando pasas de nivel podes mercar vidas ou burbullas para protexerte (clicando no rato envolverate a burbulla durante uns segundos) cos puntos que consigas.

PROBA E TENTA CHEGAR AO NIVEL 20 !!
Para xogar preme nos paxariños:

03/08/09

XOGA CON PIPO


Con estes xogos online descubrirás moitos exercicios estruturados por idades en lingua castelá, mellorarás o teu nivel en matemáticas, aprenderás inglés... PROBA E VERÁS!!

PREME AQUÍ PARA ENTRAR

22/07/09

A EDUCACIÓN VIAL NON VEN MAL!!

Un pouquiño de Educación Vial non ven nada mal!! Aquí tés unha páxina coa que podes aprender ao mesmo tempo que te divirtes:

Preme AQUÍ para entrar

17/07/09

O QUE FALTABA

Pois aquí está o "escritorio" que faltaba e que grazas á Junta de Castilla y León xa podemos disfrutar.
Como nos cursos anteriores, este Escritorio de Verano ofrece un conxunto variado de actividades lúdicas que tratan diferentes contidos curriculares e que abarcan todas as etapas educativas.

ENTRA XA! É MOI DIVERTIDO!!

ENTRAR EN ESCRITORIO DE VERANO 2009


01/07/09

ESCRITORIO DE VERANO


Co programa de actividades interactivas "Escritorio de verano" o Portal Educativo da Junta de Castilla y León pretende manter o contacto cos escolares que deixan as aulas nas vacacións e ofrecerlles “lecer educativo” pensando en todas as idades. Hai 3 zonas diferenciadas por etapas educativas, con gran variedade de actividades e pasatempos para que poidan visitarse todos os días de verán sen esgotarse nin perder interés. Polo de agora aínda non dispoñemos do "escritorio" deste ano pero xa podedes ir practicando cos de anos anteriores:





24/06/09

COLLAGE

Bueno, pois MIK está empeñado en que este verán o pasedes requetebén na súa compaña polo que anda a "navegar" na procura de cousiñas interesantes e divertidas para vós. Hoxe "pescou" esta pizarra onde poderedes dibuxar libremente ou crear as vosas composicións empregando os elementos das súas galerías de imaxes. Probade e veredes que obras de arte tan chulas sodes capaces de facer. MIK xa fixo o cadro de abaixo, ¿a que vos gusta? ESTE MIK É UN ARTISTA!! E vós?


Para empezar preme en COLLAGE/EDUC.AR

20/06/09

PARA AS VACACIÓNS


Xa chegan as vacacións, os xogos, a praia e moito tempo para o lecer... Tamén podes pasar uns bos momentos cos teus amiguiños POCOYO, LOS LUNNIS, LA ABEJA MAYA, CAILLOU, DORA LA EXPLORADORA ou VICKIE EL VIKINGO. En CANAL CLAN podes atopalos a todos, ver os seus vídeos e xogar con eles, imprimir os debuxos dos personaxes e colorealos...Vídeos, xogos e concursos para pasalo pipa!! UNHA MOREA DE ACTIVIDADES DIVERTIDAS!!

IR A CANAL CLAN



Máis suxestións para pasalo pipa AQUÍ e AQUÍ