Alba Román, de 3º de EP, escribiu dous simpáticos poemas. Verás que divertidos (preme na imaxe):
15/5/12
8/6/11
POEMANDO...
Tamén os nenos e nenas do 2º e do 3º ciclo crearon e ilustraron fermosos poemas. Aquí os tendes para que disfrutedes igual ca min coa súa lectura:
Etiquetas: día da poesía, poemas, poemas_escritos_por_nenos, poesia
6/6/11
MÁIS VERSOS
Seguro que che gustaron moito as poesías de Infantil, a que si? Pois agora podes ler as que fixeron os nenos e nenas do 1º ciclo, que tamén son uns fantásticos escritores/as e ilustradores/as:
Etiquetas: día da poesía, poemas
5/6/11
RIMA, RIMANDO...
Pronto estará na nosa biblioteca o libro de poemas que elaborou o alumnado do centro para a actividade de creación escrita "Somos poetas".
Para que vaiades facendo boca aquí vos deixo os fantásticos traballos dos nenos e nenas de E. Infantil. XA VEREDES COMO VOS GUSTAN TANTO COMO A MIN!!
Etiquetas: día da poesía, poemas
26/4/10
¡AQUÍ ESTÁN OS DE INFANTIL!
E por fin aquí están as agardadas poesías do alumnado de Educación Infantil. Fixeron uns traballos estupendos e seguro que vos van gustar moito. Lede, lede... (preme nunha das páxinas para agrandalas)
Etiquetas: día da poesía, poemas, traballos_escolares
20/4/10
AS NOSAS POESÍAS II
¿Gustáronvos as poesías de primeiro? ¿A que son chulísimas? Pois veredes agora o que fixeron os nenos e nenas de terceiro. ¡Seguro que vos van encantar! (preme nunha das páxinas para velas en grande)
Etiquetas: 3º, dia da poesia, poemas
17/4/10
AS NOSAS POESÍAS I
Xa temos a proba de que os nenos e nenas do noso centro son uns auténticos poetas. Dende que Mik lles propuxo facer rimas e poesías non pararon e fixeron traballos ben bonitos. Aquí tendes os de 1º de Primaria (preme nunha das páxinas para velo en grande):
¡¡PARABÉNS!!
Etiquetas: día da poesía, poemas, poemas_escritos_por_nenos
31/3/09
GÚSTANOS A POESÍA

Para conmemorar o Día Internacional da Poesía, os nenos e nenas de 1º de EP estiveron traballando con algúns poemas dos nosos escritores: memorizaron, ilustraron e recitaron para outros alumnos do cole. Despois, como auténticos artistas, grabaron para ofrecer uns intres de lecer a todos vós, e que disfrutedes escoitando o mesmo que eles disfrutaron preparando este recitado colectivo.
Esperamos que vos guste:
Etiquetas: dia da poesia, poemas, recitados
5/10/08
AS CORES DO OUTONO
E seguimos co outono...
Cada vez refresca máis, os días son máis curtos... pero a natureza compénsanos cunha paisaxe chea de luces, de músicas, de cores, de cheiros...
Don carballo chora landras na amencida.
E don Outono baballa
néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.
E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.
HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia
Etiquetas: cores, día da poesía, outono, poemas
21/4/08
DÍA DO LIBRO: O MAR EN VERSO
Dentro das actividades programadas para o Día do Libro, os alumn@s do Centro traballaron diferentes poesías de tema mariño, unhas de creación propia e outras de diferentes autores. Cada grupo expresou plásticamente o contido dos poemas para elaborar un libro xigante que está exposto na Biblioteca. Aquí tendes o resultado:
Etiquetas: dia da poesia, dia do libro, mar, poemas, traballos escolares
14/4/08
O NENO DE AUGA SALGADA
O NENO DE AUGA SALGADA
Etiquetas: día da poesía, homesdepedra, mar, poemas
9/4/08
OS CONTOS DO RECANTO
Grazas a tod@s.
Os autores e autoras de “Os contos do Recanto” son os nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar, que durante o curso 07/08 escribiron e ilustraron, na meirande parte, os seguintes relatos e poesías. Esas creacións foron publicadas no blogue da Biblioteca “O recanto de Mik” , de aí o título do libriño que agora editamos en soporte papel pola conmemoración do Día Internacional do Libro.
Tamén foron aparecendo neste blogue.
Esperamos que esta experiencia sirva de incentivo para que o noso alumnado nos siga agasallando cos froitos do seu maxín e que este volume sexa o primeiro dunha longa colección.
Mik.
7/4/08
POEMAS DE PRIMAVERA

Etiquetas: fresas, mestres goldar, poemas, poesías infantiles, primavera, xoaniña
15/2/08
A ÁRBORE
Sergio Rodríguez Davila, de 5º de EP, adica un poema a unha árbore, co que fai unha homenaxe á natureza, á beleza e á vida.
Etiquetas: árbore, contos, mestres goldar, poemas
14/2/08
VÓLVOME RIR
Un simpático poema de Uxía Davila, de 5º de EP, que nos conta un deses momentos que, sen saber ben por que, temos ganas de rir e rimos sen parar...
Etiquetas: club escritores, contos, poemas, uxía
12/2/08
A MEIGA (para aNuskinha )
Etiquetas: club escritores, contos, meiga, poemas
10/2/08
MAR
Un novo poema de Alba Crispín Pazó, de 5º de EP. Nesta ocasión fálanos do mar, do vaivén das ondas, das fermosas cores dos arrecifes de coral...
Etiquetas: club escritores, contos, mar, poemas



