Lugrís foi un pintor case autodidacta, bohemio e anárquico, poeta, ilustrador e muralista. A súa obra pictórica reflicte unha predilección polos temas mariñeiros, e nela transcribe un detallado mundo onírico, idealizado e soñador. Os seus cadros, case sempre pintados sobre táboa en pequenos e medianos formatos, reflicten un poeta recreador de mitos e lendas, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas, e narracións fantásticas ao xeito dun Stevenson ou un Conrad. Estivo influenciado polo seu padriño, o escritor Francisco Tettamancy e Gastón, gran amigo do seu pai. Este contáballe unha grande cantidade de lendas célticas e contaxioulle a fascinación polo mundo dos soños.
No referido á literatura, están presentes na súa obra pictórica autores como Manuel Antonio, Luz Pozo Garza, Valle-Inclán e, sobre todo, Julio Verne, escritores relacionados co mundo mariño. Nos seus artigos e poesías, Lugrís utiliza o alcume literario de Ulyses Fingal, unha fusión da herdanza grecolatina e o mundo das sagas nórdicas de raíz céltica.
Disfruta coa obra deste pintor xenial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario