Blog Widget by LinkWithin

7/2/08

OBXECTIVO: ¡ESCRIBIR!

O profesorado do Centro vimos observando que co nacemento deste blogue desvelouse no alumnado, e especialmente en 5º de EP, unha canteira de escritores e escritoras que "de motu propio" se lanzaron á aventura de idear as súas propias historias, facendo un alarde de imaxinación, creatividade e orixinalidade. Realizan titánicos esforzos por non poñer faltas de ortografía, preocúpanse por unha coidada presentación dos traballos e aceptan de bo grao as suxerencias de profes e compañeir@s para mellorar o resultado. Ben é certo que esperan con ilusión e impaciencia ver o seu traballo publicado neste Blogue e, sobre todo, os comentarios que provocan noutras persoas, pero cremos que se trata dun interese lexítimo, propio de calquera escritor/a xa que tod@s eles escriben para que os lean.

Aínda non podemos facer valoracións definitivas pero pensamos que un dos obxectivos que pretendíamos dende a Biblioteca, fomentar a creación escrita utilizando o Blogue como elemento motivador, está a dar os primeiros froitos: xa temos imaxinativ@s narradores/as, brillantes ilustradores/as e inspirad@s poetas...
QUE MÁIS SE PODE PEDIR??


No hay comentarios:

Publicar un comentario