Blog Widget by LinkWithin

26/2/08

Queremos agradecer a Gonzalo "Darabuc" o seu fermoso agasallo: "Ollobrusco", un álbum delicioso, tanto polo texto como pola ilustración (A. C. Quarello). Está cuidadosamente publicado por OQO, como é habitual nesta editora, e resulta un auténtico pracer a súa lectura. Hoxe xa o disfrutaron algúns grupos de alumnado e a tod@s lles encantou. Polo de agora preside a estantería de novidades e pronto pasará ao atril de "libros especiais".


Argumento:
Un ratiño, aburrido da vida que levaba e desexoso de ser feliz, sae percorrer mundo na compaña de Can e Elefante. Cando atopan a Ollobrusco, o rato terá que utilizar o seu inxenio para salvarse...

No hay comentarios:

Publicar un comentario