Para o libro colectivo "O mar en verso" que estamos a facer co cole, os nen@s de E. Infantil están traballando o seguinte poema:
AS CORES DO MAR
AZUIS son as sardiñas
que sulcan alegres o mar
VERDES as algas verdes
bailan suaves un vals
COLORADAS as estrelas,
as estreliñas de mar
AMARELAS as buguinas
coas que escoitas lonxe o mar
VERMELLO o caranquexo
que camiña para atrás
BRANCAS as escumas
que acariñan o areal
Mira o arco da vella
que está a facer o mar!!
J.G.
No hay comentarios:
Publicar un comentario