Blog Widget by LinkWithin

7/5/08

COPLAS DOS MAIOS



Os nenos e nenas de 6º encargáronse de redactar as coplas dos MAIOS deste ano e, a dicir verdade, estiveron inspiradísimos...
Cun toque de humor foron capaces de narrar moitos acontecementos importantes que se sucederon durante este curso, ao mesmo tempo que nos adican unha despedida pois pronto serán alumnos de Instituto. E para que vexades que AQUÍ HAI MADEIRA!! déixovos unha mostra para que vaiades facendo boca ata o venres, día 9, que nos xuntaremos no patio para cantalas:

Aquí está o maio,
o maio, señores,
sempre tan guapiño
cuberto de flores.
.............

E nós, os maiores,
temos de encomenda
cantarche as copliñas
nesta linda festa
.............
Neste noso cole,
o Mestres Goldar,
temos moitas cousas
para festexar.
...............
Cantar cantan algúns
e outros bailamos
coa nosa BIBLIOTECA
estamos encantados.
..................
Hai libros e "ordenatas",
sofás moi coloridos,
é como estar na casa
ou no chalé dun rico.
................
Lemos todos os días,
devoramos os libros,
se seguimos así
chegaremos a ministros.
...............
O Mestres Goldar
estase modernizando,
tanta tecnoloxía
estanos abraiando.
..................
Hai pizarra electrónica,
mochilas viaxeiras,
pero quedamos sen conserxe
porque rompeu unha perna.
.................
.................
Donas e cabaleiros,
deixamos de cantar,
marchamos ao instituto
para a ESO comenzar.

Que vos pareceu?? Divertidísimas!! E aínda hai máis, pero temos que agardar ata o venres...

2 comentarios:

  1. Lindos....Pequenos Grandes Poetas.
    No dia 1 de maio estava por causa de uma regata na Pobra do Caramiñal...todos os carros tinham o ramo amarelo..como "perguntar não ofende" fui ter com um carro galego e perguntei qual o significado..fiquei sclarecida..."tradição pagã do povo das rias baixas..opara que Maio não entre com depressaõ...

    ResponderEliminar
  2. Pois si, Marieke, en cada localidade teñen a súa especial maneira de festexar. Nalgunhas zonas hai máis tradición e polo tanto moita máis actividade, pero ao ser Galiza un país agrícola, a chegada do bo tempo é saudada en todas partes.

    ResponderEliminar