Esta vez os nenos/as de 5º obséquiannos con un traballo colaborativo no que participaron todos/as. O resultado, como veredes, é ben orixinal...
Parabéns, rapaces/as, facedes un equipo estupendo!! Preme na imaxe
Os nenos e nenas do Ceip Mestres Goldar tamén teñen moito que contar. Aquí están as súas creacións.
Etiquetas: 5º, biblioteca, dia da poesia, disparates, mestres goldar
Para ver o mundo do revés , nada mellor que acudir a un circo chinés
ResponderEliminarOu iso é o que cree miña filla.
Eu vin co meu pai
nun circo chinés
a un titiriteiro
Andar do revés.
E a un elefante
Mortiño de medo,
Por mor dun ratiño
Fraquiño e pequeno.
E un pallaso tolo
De cara pintada,
Falaba mil cousas
Ningunha di nada.
E cabalos brancos
Con donas encima;
E feros leóns
De melena fina.
E un mago merlín
De túnica longa
Fai aparecer
da nada unha pomba.
Eu fun con meu pai
A un circo chines,
E vin como o mundo
xiraba o revés.
Os teus pequenos grandes poetas são muito maduros
ResponderEliminarQue marabilla! O mundo dos nen@s é engaiolante. Ás veces pásanos desapercibido envoltos como andamos no noso universo de adultos.
ResponderEliminarMarieke, os nen@s de 5º curso que deixan aquí as súas creacións non son alumnos meus, os meus son máis pequenos, de 2º. Eu fago de mediadora entre as súas inquedanzas e o mundo da blogosfera. No meu Centro estamos moi satisfeitos porque soubemos transmitirlles o desexo de compartir os seus sentimentos con outras persoas.
Manuel, moitas grazas por compartir con nós ese poema tan fermoso da túa filla.
Unha aperta dende Vigo.
Me encantaron los dibujos son muy
ResponderEliminarbonitos.
As coplas son moi bonitas.
ResponderEliminarO chourizo deberia estar asado.
A letra deberia estar mas separada pero
lo hicisteis moi ben.
A Abel e a min nos gustou moito a poesía CLOPAS DE DISPARATES ,eu e Abel nos rimos un pouco.Clase de quinto os felicito.
ResponderEliminarMe gusto mucho la poesía.
ResponderEliminarQue chulo o circo chines, encantoume.
ResponderEliminarGustoume moito a poesia do mundo ao reves e do circo
ResponderEliminarTe imaginas
ResponderEliminarte imaginas,
a la clase de 5º
con las ideas germinando.