Blog Widget by LinkWithin

19/9/08

XA ESTAMOS AQUÍ!




Xa estamos de volta, con forzas renovadas, con moita ilusión, con novas ideas e proxectos...
O cole abriu as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas que durante este curso van aprender, compartir e disfrutar xuntos. Todo nos estaba agardando: aulas, profes e, por suposto, a Biblioteca. MIK tráenos moitas novidades e espera impaciente as vosas visitas.




E para abrir boca MIK anúncianos que o ano 2009 é o Ano Internacional da Astronomía e na Biblioteca hai moitos libros que te conducirán polo universo, mostraranche as estrelas, viaxarás á lúa, aprenderás moito sobre os planetas... ANÍMATE E VEN AXIÑA Á BIBLIOTECA!!




Se queres saber cousas sobre astronomía preme AQUÍ


2 comentarios:

  1. Um dia do ano passado falei-te de um livro infantil"A menina do Mar" a Shofia de Mello Andresem, hoje por acaso descobri uma página da net que tem o livro e que conta a história
    aqui vai
    http://www.minerva.uevora.pt/web1/desafios/hist_menina_do_mar.htm

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Marieke. Que conto máis fermoso... É unha tenra historia contada de forma poética que seguro encanta a calquera neno ou a calquera adulto. Cando me falaches de "A meniña de auga" percorrín algunhas librerías de aquí por se había editada algunha tradución ou mesmo por se atopaba un exemplar na lingua orixinal pero non tiven sorte.

    ResponderEliminar