Blog Widget by LinkWithin

6/12/08

O APALPADOR


Algunhas entidades culturais galegas están colaborando na recuperación dun personaxe da tradición popular do Nadal: O Apalpador

En diversas comarcas da alta montaña do leste de Galiza, así como en diversos puntos do oeste do Bierzo, mantíñase ata datas moi recentes a tradición do Apalpador: un xigante con oficio de carboeiro que, durante as datas do Nadal, baixaba das montañas onde vivía ata as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos máis pequenos das casas, para comprobar se estaban ben mantidas.
O Apalpador, vixiaba que comesen ben, e desexáballes un novo ano no que seguisen sen pasar fame, deixando como agasallo unhas cantas castañas quentes, para que lembraran a súa visita.

A tradición, recollida por José André Lôpez Gonçález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Crese que se trata dun costume de orixe precristiano que no seu momento debeu estar estendida por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente. (Extraído de Vieiros.com)


O artista de Neda, Leandro Lamas deseñou a preciosa imaxe que se está a empregar na campaña para a recuperación de O Apalpador.

2 comentarios:

  1. Eu quando era pequena do que mais tinha medo era que nas medias que estavam penduradas na lareira me colocassem aquelas coisas pretas qye emportugalchamamos carvão..era sinal que me tinha portado mal ehehehehhehehehe

    ResponderEliminar
  2. Terrible! Aquí os Reis Magos tamén traen pedras de carbón aos nenos e nenas que non se portan ben. Nos días inmediatamente anteriores á chegada das súas maxestades eu era a nena máis boa do mundo (non fora a ser que me deixaran a min os reais achádegos das súas prospeccións mineiras ha,ha,ha...)

    ResponderEliminar