Despois dunha semana traballando arredor da PAZ, moi sensibilizad@s e como exercicio de reflexión, o alumnado de 6º de EP lanzouse a escribir uns acrósticos onde deixan a súa opinión, os seus desexos, as súas esperanzas e unha visión ben atinada da necesidade de que a PAZ sexa, por fin, unha realidade.
Moitas grazas a tod@s por compartir con nós os vosos sentimentos.
(Para ampliar preme en OPEN PUBLICATION; para velo en pantalla completa preme a continuación no botón sinalado, situado na parte superior da pantalla)
Olá Júlia e seus preciososcolaboradores
ResponderEliminarMagnífico trabalho sobretudo quando o tema é a PAZ
Um abraço
Marieke
Ola, Marieke! Ben ves que as novas xeracións están moi concienciadas. Penso que nós os mestres e mestras podemos aportar o noso granciño de area... Lástima que non xermole todo o que sementamos (á vista está con todo o revolto que anda o mundo...) Con todo, non perdemos a esperanza dun futuro sen guerras e sen violencia
ResponderEliminarUn abrazo
Julia
Parabéns, nenos e nenas, por este traballo tan fermoso. É importante que vós vos convirtades en portadores dunha mensaxe que debe arraigar no máis fondo do corazón dos seres humanos.
ResponderEliminarNoraboa á vosa titora e aos demais mestres que conseguen que sexades a semente da esperanza.
Bicos ratunos
Bueno chicos, os habeis superado, bien por vosotros y por vuestra profe, se intuye su buen hacer detras de este hermoso trabajo.
ResponderEliminarNo dejeis de ofrecernos vuestros relatos,que cada vez son mejores, da gusto ser vuestra profe. Felicidades. Cristina
Gustoume moito ler as vosas mensaxes eso quere dicir que tedes un gran corazón.Levade a práctica o que pensades.NORABOA.
ResponderEliminarOla! ¡cómo me gosta o voso blog! Encántaríame porme en contacto coa vosa titora. Son unha profesora de Primeiro de Primaria do CEIP A Ponte de Ourense. Como os nenos e nenas da miña clase xa saben ler e escribir, hai uns días amañei un blog, pero non estou nada contenta co formato. Agradecería uns consellos.
ResponderEliminarNoraboa!
Ola, nenos da ponte! Moitas grazas pola vosa visita. Alégranos moito que vos guste este blog; nel imos colgando as nosas creacións todos os alumnos do centro, independentemente do curso.
ResponderEliminarSe queredes poñervos en contacto coa persoa que o xestiona, enviádelle un correo a bibliocole@gmail.com
Esperamos atoparvos por aquí
Bicos ratunos
Abofé que vos saíu xeitoso este traballiño. Noraboa a todas e todos. Sinto nos vos fellcitar antes, pero tiña un problemiña no ordenador e non puiden facelo, iso que xa volo vin o Día da Paz.
ResponderEliminarAdiante!
O comentario anterior non o fixo "Añguén", senón "Alguén", moi achegada.
ResponderEliminar