Blog Widget by LinkWithin

12/5/09

COMPROMISO EDUCATIVO

Estamos moi contentos porque Blogmaníacos ven de nos conceder un precioso premio que outorga o blog loquelegustaamishijas.com
Este premio ten como obxectivos recoñecer:
1º O compromiso cunha educación de calidade.
2º A aposta pola inclusión das Tics na aula.
3º O recoñecemento ao esforzo de toda a comunidade educativa por incorporar as Tics ao proceso educativo.
4º A loita por defender a través do ensino valores como: Solidariedade, Respecto, Axuda, Apoio, Esforzo, Compartir, Amor e Compromiso co futuro dos nosos alumn@s.
5º Recoñecer e valorar o esforzo das familias, profesionais e centros educativos, por integrar de forma efectiva nos centros e na sociedade aos nen@s con necesidades especiais, procurándolles toneladas de amor e posibilitándolles todos os recursos ao noso alcance.
Este premio pódese repartir a outros blogs que se considere que están nesta liña.
As normas da repartición son:
1º Publicar entrada cos obxectivos do premio

2º Publicar no blog a lista de blogs aos que se lles entrega o premio.
3º Comunicar a cada blog premiado a concesión do premio.


Nesta ocasión imos pasar o premio de xeito colectivo porque pensamos que se trata dun grupo que cumple sobradamente as condicións requeridas e son un exemplo de COMPROMISO EDUCATIVO:



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada