Blog Widget by LinkWithin
Mostrando entradas con la etiqueta oqo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oqo. Mostrar todas las entradas

27/3/09

RODEADOS DE ARTE

Como xa sabedes, o noso centro é un dos participantes na campaña CONTARTE, do concello de Vigo en colaboración con OQO EDITORA. Trátase dunha iniciativa didáctica de animación á lectura mediante obradoiros deseñados para achegar os cativos á literatura, á interculturalidade e á creación artística.

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º asistiron ao obradoiro Retrarte, e coa inspiración do Gran libro dos retratos de animais, obra galardoada co Primeiro Premio ao Libro Infantil Mellor Editado 2007, achegáronse ao mundo da arte dunha maneira lúdica e diferente, onde se sentiron protagonistas xunto aos máis famosos autores da historia da pintura, con unha proposta consistente en introducilos na pel do artista elaborando a súa propia galería de arte.

AQUÍ TENDES OS RESULTADOS:




PARABÉNS, RAPACES!!

Podes ver AQUÍ o obradoiro "Soños de teteira" cos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º.