Blog Widget by LinkWithin

16/3/08

PARA MARUXA


A propósito da entrada anterior recibimos un comentario dun lector do noso blogue que viña acompañado dun bonito poema. Transcribímolo aquí porque lle acae moi ben ao tema que estamos a traballar, tanto polo contido como polo autor. Disfrutade:

"Como esta entrada vai de mariñeiros , de poesía e de educadores , eu vouvos a contar unha historia que me aconteceu unha vez cando a miña filla Maruxa ía en preescolar.

Chegou un día Maruxa da escola pedíndome que lle escribise unha poesía , pois a súa mestra dixéralles que procurasen levar escritos e cousas orixinais en galego para presentar nun concurso que se ía celebrar o día das Letras Galegas aquí no concello de Muros e ó que todas as escolas presentarían os seu traballos.

A min non hai que aguillarme moito para que me poña a xuntar verbas , e iso mesmo foi o que fixen , xuntalas, pero dentro de un pequeniño orden.

Isto foi algo do que argallamos:"


A mestra pediunos unha poesía ,
eramos pequenos e ninguén sabía.
E fun ó meu pai que é mariñeiro,
vai sobor das ondas para gañar diñeiro.
Pedinlle un poema ou unha cantiga
e díxome serio - non sei, rapariga.
Eu só sei de ondas de escuma dourada
que tinxen os raios do sol do abrente.
Eu sei de gaivotas , cometas no vento
que baten súas ás sen perder o alento.
Eu sei de golfiños que brincan as ondas
cun grande sorriso sempre nas súas bocas.
De rosas dos ventos, de estrelas polares,
de moi mainas brisas e de vendavais.
Pero non me pidas ningunha cantiga
e nin moito menos unha poesía.
Si acaso quixeses historias salgadas
a centos , milleiros , eu todas chas daba
Pero non me pidas unha rima soa,
que son mariñeiro e non fun á escola.

5 comentarios:

  1. Non sei se o sabes , pero nese barco co que ilustras a entrada, naveguei eu durante 23 anos!. O Sidri Rober, " O Vello Barco de Pau" . Fai agora pouco mais de un ano que finou despezado logo de unha longa vida mariñeira . Aínda agora o volver a ver a súa imaxe, un sentimento de nostalxia mesturado con agarimo acude o meu maxín.

    Grazas e apertas poetico-mariñeiras

    ResponderEliminar
  2. Non o podo crer!! Aquí debe haber algo telepático. Non podía imaxinar que un barco atopado ao azar en google fora no que ti navegaches durante tanto tempo... Pensei que a foto era adecuada, que se axustaba á idea que eu teño dun barco pesqueiro, dos que levan mariñeiros de carne e óso a bordo... En fin, penso que así a entrada resulta moito máis emotiva.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Pois si que é casualidade!
    Pensaba que sacaras a foto do Sidri Rober da miña Bitacora , e saber que foi sacada o chou de Google buscando a imaxe dun pesqueiro para ilustrar a túa entrada , deixame realmente perplexo.
    Vaia que é pequeno o mundo ! En este caso o Mar


    A foto está sacada entrando no porto Muros logo de pasar unha marea na procura dos peixes nas nosas costas.
    Se remexes un pouco na miña bitácora atoparás varias fotos e mais algunha que outra entrada onde falo das miñas experiencias a bordo del .

    ResponderEliminar
  4. Apesar de galega..não sei escrever como vós..por isso as minhas palavras em português..o teu conto é lindo..um verdadeiro poema..e muito comovente..parabéns pelo blog..

    ResponderEliminar