Blog Widget by LinkWithin

15/3/08

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celébrase o Día da Poesía, por iso pensamos que é un bo momento para regalarnos unha ben fermosa. Trátase dun poema de Gabriel Celaya adicado aos educadores, onde resume de xeito maxistral o legado cotidiano dos docentes que realizan o seu traballo coa ilusión de que xermole, medre e dea froitos, soñando que no futuro
" barcos novos" leven a bandeira que eles enarbolaron.




EDUCAR

Educar es lo mismo

que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.


Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.


Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.


Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.

Gabriel Celaya



MÁIS POEMAS DE GABRIEL CELAYA

5 comentarios:

  1. Como esta entrada vai de mariñeiros , de poesía e de educadores , eu vouvos a contar unha historia que me aconteceu unha vez cando a miña filla Maruxa ia en preescolar.

    Chegou un dia Maruxa da escola pedíndome que lle escribise unha poesía , pois a súa mestra dixéralles que procurasen levar escritos e cousas orixinais en galego para presentar nun concurso que se ía celebrar o día das Letras Galegas aquí no concello de Muros e o que todas as escolas presentarían os seu traballos.

    A min non hai que aguillarme moito para que me poña a xuntar verbas , e iso mesmo foi o que fixen , xuntalas, pero dentro de un pequeniño orden.

    Isto foi algo do que argallamos.


    A mestra pediunos unha poesía ,
    Eramos pequenos e ninguén sabia.
    E fun o meu pai que é mariñeiro.
    vai sobor das ondas pra gañar diñeiro.
    Pedinlle un poema ou unha cantiga
    E díxome serio - non sei rapariga.
    Eu so sei de ondas de escuma dourada
    Que tinxen os raios do sol do abrente.
    Eu sei de gaivotas , cometas no vento
    Que baten súas as sen perder o alento.
    Eu sei de golfiños que brincan as ondas
    Cun grande sorriso sempre nas súas bocas.
    De rosas dos ventos , de estrelas polares
    De moi mainas brisas e de vendavais.
    Pero non me pidas ningunha cantiga
    E nin moito menos unha poesía.
    Si acaso quixeses historias salgadas
    A centos , milleiros , eu todas chas daba
    Pero non me pidas unha rima soa
    Que son mariñeiro e non fun a escola.

    ResponderEliminar
  2. É un poema ben bonito e seguro que Maruxa iría con el moi orgullosa á escola.

    Resulta moi agradable ler o que dun xeito espontáneo lle sae a unha persoa do corazón, e máis se eses sentimentos se visten coa música e as cores da poesía, pois a poesía condúcenos polos vieiros da alma.

    ResponderEliminar
  3. Fantástico..nas minhas pesquisas da Blogosfera..descobri..o teu blog...muito bom..onde anda a poesia..do mar ou de terra..eu estarei cá sempre

    ResponderEliminar
  4. Não descobri o teu blog a tempo de comemorar aqui o Dia Mundial da Poesia..mas deixo-te agora o meu contributo...espero que gostes..

    A Casa da Poesia.

    A poesia tem uma casa
    onde escreve à luz das velas
    e que nunca há-de ter tecto
    para poder ver as estrelas.
    Não é voto de pobreza
    este seu modo de ser,
    é apenas a maneira
    mais perfeita e certeira
    de nunca se perder
    nos estranhos labirintos
    da aventura de escrever.
    J. J.Letria

    ResponderEliminar
  5. Paréceme moi fermosa esta poesía. Gústame porque a súa música envolve á perfección o seu contido e chega suave ata o corazón.

    ResponderEliminar