Aquí tendes un fermoso poema que nos chega dende Muros? a través dun comentario. O autor, Homesdepedra, é un mariñeiro que vive o mar con alma de poeta, como a nós nos gusta. Queremos agradecerlle o seu agasallo, xa que tamén para nós o mar é unha presenza constante.
TI QUES SER MARINEIRO, EU...
Son mariñeiro, seino
porque cando pecho os meus ollos
fago sempre o mesmo,
navego, navego
............
E son mariñeiro, seino
porque cando o vendaval me abraza
busco as praias
e durmo, mírame.
...............
E son o almirante desta barca
e o remeiro, e as velas
e a quilla e o tolete
e o temón e o patrón.
.................
Seino, o mar é a miña casa
porque non canso das vagas
non me amedrentan os ventos
eu o meu mellor perfume e o salitre.
........................
E se o meu rumbo cambia
o lugar ese ao que chego
é precisamente o lugar
que ía a buscar e que por fin atopo.
...................
Miña rosa dos ventos é a tristura
E os meus rumbos son as ausencias
.......................
E cando miña e miña proa é doada
e o meu sol brilla,
é porque son eu o que navega
na procura da inmensidade.
..............................
Son mariñeiro, seino
porque isto que escribo
é precisamente, o océano
o mar dos miñas verbas.
....
No hay comentarios:
Publicar un comentario