Blog Widget by LinkWithin

21/4/08

AQUÍ HAI MADEIRA...

Os nenos e nenas de 2º de E. P. fixeron este bonito libro de rimas, que imos engadir aos fondos da biblioteca, e entre tod@s preparamos este vídeo para que vexades a canteira de poetas deste cole. Nótase que... AQUÍ HAI MADEIRA!!

(Recomendamos subir o volume nas voces porque nos saíron un pouco baixiñas)

3 comentarios:

  1. Miña naiciña , canto me gustou esta orquestra do mar!

    Terei moi bo coidado de non meter dentro das miñas redes nin a sardiña Violeta , nin o xurelo Antón.

    Se por un descoido meu, mallase algún dos vosos peixes músicos, prométovos que os ceibarei de bo grao. Estes peixiños tan artistas hai que coidalos con moito agarimo.

    Biquiños mariñeiros e salgados para tod@s

    ResponderEliminar
  2. Estamos moi contentos porque che gustou o noso libro de rimas. Este ano estamos traballando moitas cousas do mar. Gracias por coidar os nosos peixes.
    Biquiños,

    Nenos e nenas de 2º de E P do Ceip Mestres Goldar

    ResponderEliminar
  3. Había unha vez un poeta…
    E diredes vos: Poetas haiche ben deles. Pero este do que quero falar, tiña unha particularidade; Estaba na cadea.

    E non vaiades a pensar que estaba preso por ser unha mala persoa , por roubar ou por haber cometido algunha falcatruada. Non , estaba no cárcere por non pensar igual que a xente que mandaba no pais nese momento.

    Isto aconteceu fai xa moitos, moitos anos antes de vos naceredes , ou a vosa mestra ou eu ; e o poeta chamábase Miguel Hernández.

    O coitado poeta , durante os longos días de cadea , lembrábase da súa dona e do seu fillo de poucos meses, os cales facía moito de menos, e para eles compuxo unha fermosa poesía , ou meu entender unha das mais fermosas nanas xamais escritas, e que levaba por titulo “Las Nanas de la Cebolla”. A vosa mestra de seguro que vos poderá ler un anaquiño dela.

    Pero todo isto ben a conto de que eu un día , cando a miña filla era aínda un bebe, cantáballe a miúdo esta nana o carón do seu berce para arrolala.
    Un día mentres entonaba eu os versos de Miguel Hernández, fixeime como Maruxa, (que é o nome de miña filla) ollaba dende o seu berce e a través dos vidros da fiestra a lúa chea que acababa de saír por encima dos montes próximos. A pequena estarricaba os seus braciños cara ela , tal que parecía querer collela cas súas manciñas.

    Entón ocorréuseme escribir unha pequena poesía , na que contaba como Maruxa tentaba coller a lúa , e aproveitei a rima que tiña aínda na cabeza das “Nanas de la Cebolla” para facer a miña....

    “Nana da Lúa Chea”.





    Dende o meu berce vexo
    A lúa chea.
    Con cariña de pote
    Lúa serea.

    Eu quero tela,!

    Estarricando os brazos
    Quixen collela.

    Non cheguei a tocala
    Cos meus dediños,
    Que so estaba preto
    Pra os meus olliños.

    lúa de prata!,

    eu quixera meterche
    na miña cama.

    O meu lado un sorriso
    Do mais fermoso,
    Na cariña da nai
    E agarimoso.

    Fita pra min!,

    Eu xa non quero a lúa,
    Quérote a ti! .










    Manuel M. Caamaño

    ResponderEliminar