Da pruma de Manuel M. Caamaño ( Homesdepedra ) chéganos este fermoso poema adicado á súa filla Maruxa. A xestación deste poema explícanola el mesmo:
"Había unha vez un poeta…
E diredes vós: Poetas haiche ben deles. Pero este do que quero falar, tiña unha particularidade; Estaba na cadea.
E non vaiades a pensar que estaba preso por ser unha mala persoa , por roubar ou por ter cometido algunha falcatruada. Non , estaba no cárcere por non pensar igual que a xente que mandaba no pais nese momento.
Isto aconteceu fai xa moitos, moitos anos antes de vos naceredes , ou a vosa mestra ou eu ; e o poeta chamábase Miguel Hernández.
O coitado poeta , durante os longos días de cadea , lembrábase da súa dona e do seu fillo de poucos meses, os cales facía moito de menos, e para eles compuxo unha fermosa poesía , ou meu entender unha das mais fermosas nanas xamais escritas, e que levaba por titulo “Las Nanas de la Cebolla”. A vosa mestra de seguro que vos poderá ler un anaquiño dela.
Pero todo isto ben a conto de que eu un día , cando a miña filla era aínda un bebe, cantáballe a miúdo esta nana o carón do seu berce para arrolala.
Un día mentres entonaba eu os versos de Miguel Hernández, fixeime como Maruxa, (que é o nome de miña filla) ollaba dende o seu berce e a través dos vidros da fiestra a lúa chea que acababa de saír por encima dos montes próximos. A pequena estarricaba os seus braciños cara ela , tal que parecía querer collela cas súas manciñas.
Entón ocorréuseme escribir unha pequena poesía , na que contaba como Maruxa tentaba coller a lúa , e aproveitei a rima que tiña aínda na cabeza das “Nanas de la Cebolla” para facer a miña...."
Dende o meu berce vexo
A lúa chea.
Con cariña de pote
Lúa serea.
Eu quero tela!
Estarricando os brazos
Quixen collela.
Non cheguei a tocala
Cos meus dediños,
Que so estaba preto
Pra os meus olliños.
Lúa de prata!,
eu quixera meterte
na miña cama.
Ó meu lado un sorriso
Do mais fermoso,
Na cariña da nai
E agarimoso.
Fita pra min!,
Eu xa non quero a lúa,
Quérote a ti! .
Manuel M. Caamaño
Podes escoitar na voz de Joan Manuel Serrat "Las nanas de la cebolla":
Manuel, moitas grazas por esta poesía tan fermosa e por lembrarnos a figura de Miguel Hernández. Adicaremos unha sesión na biblioteca a ler as dúas nanas: as da cebola e as da lúa.
ResponderEliminarLindo o poema do Manuel..como tudo o que escreve...." poeta marinheiro"
ResponderEliminarGustáronnos moito as nanas da lúa e as da cebola.
ResponderEliminarNenos e nenas de 2º
Xa vedes que todo neste mundo poder ter poesía, dende unha pequerrecha cebola hasta a enorme lúa .
ResponderEliminarO que hai que facer e ollar o mundo con sensibilidade.
Que vos gustaran as vos as dúas nanas éncheme de ledicia .
Apertiñas