Blog Widget by LinkWithin

13/4/08

DÍA DO LIBRO: Eu leo, ti les, el le...


2 comentarios:

  1. Cando eu era neno, fai moitos , moitos anos; a mina nai regaloume unha enciclopedia infantil. Sinto non lembrar agora o seu titulo , pero lémbrome ben de que acompañaba os diferentes temas enciclopédicos con grandes e moi coloridas ilustracións.
    Non vos podedes dar conta o que representaron para min aqueles libros! Eran a miña primeira fiestra o mundo!.
    Poñianseme o ollos coma pratos ollando como era unha cidade , (eu nunca fora a ningunha) Ver como por debaixo da terra corrían os trens ateigados levando xente de un lado para outro , ou como a xente vivía preto das nubes dentro de enormes rañaceos.
    “Abraiadiño” de todo quedaba o ver animais e as feras que non sabia eu que puidesen sequera existir e que tiñan nomes ben raros e exóticos, e as veces hasta divertidos , ornitorrinco, hipopótamo, orangután e cousas así.
    Naquela enciclopedia que a miña nai me regalara con tan bo acerto, comecei a coñecer o mundo e a amar a lectura e mailos libros.
    Hoxe estou seguro que non podería vivir sen eles. E sei de certo que parte do meu amor a vida débollo o meu amor os libros.

    O gran escritor francés Honoré de Balzac dicía "Un libro fermoso é unha vitoria gañada en todos os campos de batalla do pensamento humano."
    Que razón tiña!

    Feliz día do libro a tod@s

    ResponderEliminar
  2. A túa historia vén a ser unha clara demostración da importancia da familia como mediadora entre os nenos/as e a lectura. A escola ten un papel moi importante pero estou convencida de que o factor máis influinte é o entorno familiar.
    É certo que as novas xeracións teñen moitas máis fiestras polas que asomarse ao mundo pero a mirada é máis superficial. A visión que nos ofrece un libro cala en nós máis profundamente, fai un pouso e transforma o noso pensamento.
    Eu e moit@s coma min debémoslle o que somos aos libros.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar