Blog Widget by LinkWithin

14/4/08

O NENO DE AUGA SALGADA

O seguinte poema foi recollido, xunto coa imaxe, na bitácora Homes de pedra en barcos de pau, que pertence a unha persoa moi vencellada ao mar, tanto pola súa profesión como polo seu sentir. Recoméndovos que visitedes ese blogue, onde atoparedes moitas cousas interesantes relacionadas co mar e as súas xentes, lendas, viaxes, poesías... Aquí vos deixo unha mostra:

Imaxe recollida en Homes de pedra en barcos de pau

O NENO DE AUGA SALGADA

Auga salgada percorre
As entrañas do seu corpo,
Herdanza dos seus ancestros
Por el submiso acatada.
...
Naceu un día de outono
Cando a mar estaba brava,
A brétema e os salseiros
Salpicáronlle a faciana.
O vento forte de oeste
baixo a fiestra ululaba
unha tebrosa salmodia
que a voces semellaba.
...
-Vente con nós, picariño,
mais aló da última praia,
onde non se vexa terra
será a nosa morada.
Ondas de marfil e prata
abalaran túa cama.
Eu ei cantarche quediño
O teu carón unha nana.
...
Cantiga de branca escuma
Cantiga de areas brancas
Cantar das bátegas cheas
Cantar das ondas mais bravas;
Cantar para o picariño
Do sangue de auga salgada.

7 comentarios:

  1. Me encanto, es muy bonito.

    Natalia

    ResponderEliminar
  2. Es precioso.
    ramon y sergio

    ResponderEliminar
  3. NOS GUSTO MUCHO PORQUE TRATA DEL MAR.
    SERGIO GARCIA Y PABLO ALDARIZ ESTEVEZ

    ResponderEliminar
  4. Nos gustou moito o neno da auga salgada.

    SOFIA,CLAUDIA e ABEL.

    ResponderEliminar
  5. Nos encanto la poesía do neno de auga salgada

    Brais e Laura

    ResponderEliminar
  6. Natalia, Ramón, Sergio, Sergio García, Pablo, Sofia, Claudia, Abel, Brais e mais Laura, Creo que nunca ningún parabén por algún escrito meu me soubo tan doce e tan ben como os vosos.
    Que sorte tedes de estar na escola!. Eu cando era coma vos quería ser maior para poder terminar na escola e andar no mar como meu pai, agora quero tamén quero ser maior e xubilarme, pero para volver a escola e aprender todo o que non aprendín de cativo!. Para non volver a esquecer nunca que o pronome tónico“nós” leva sempre o til diacrónico e cousas así. Cousas que tan so se poden aprender na escola e que eu non puiden aprender de neno. Por iso digo que tedes sorte e téñovos envexa e tárdame o tempo de facerme maior para poder volver a escola.

    Tamén quero animarvos a que escribades, a que poñades o voso maxín nun papel , porque se as idean non se perpetúan de maneira escrita pérdense no medio do esquecemento , e entón para que serven? .
    Tódolos libros , escritos e por escribir son froito do maxín de alguén , podedes imaxinar un mundo sen libros?

    Xa vos enviarei de cando en vez algo do que eu escribo , pero non me lle dar moitos encomios , porque se non ídesme a converter nun fachendoso.


    Bicos e apertas

    ResponderEliminar
  7. Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Pen Drive, I hope you enjoy. The address is http://pen-drive-brasil.blogspot.com. A hug.

    ResponderEliminar