Aquí tendes un libriño de rimas que fixeron os nenos e nenas de 1º de EP. A verdade é que son uns auténticos poetas!!
30/5/08
CURRANDO A FONDO
Etiquetas: 1º, mar, mestres goldar, rimas
29/5/08
CO MAR EU XOGO ( POESÍA )
Eva e Alba Crispín Pazó, de 5º curso, fixeron esta bonita poesía inspirada no mar. Seguro que vos gustará moito!!
Etiquetas: 5º, alba, biblioteca, día da poesía, eva, mestres goldar
26/5/08
EL MAR ( POESÍA )
Hoxe Carmen, de 5º curso, adica unha poesía ao mar, que na súa inmensidade acomódase entre os corais, os ourizos, os caracois, os peixes...
Etiquetas: 5º, Carmen, día da poesía, mar, mestres goldar
15/5/08
HISTORIAS CON MIK
Claudia Barro Graña, de 4º de EP, inventa unha historia con Mik que perfectamente pode ser realidade...
Etiquetas: club de escritores, contos infantiles, mik
12/5/08
SINA Y EL BOSQUE (Conto)
Sofía Barro Graña, de 2º de EP, fixo un conto dunha princesa soñadora que confundía os soños coa realidade. Menos mal que sempre hai algún amigo/a que nos axuda...
Etiquetas: biblioteca, club escritores, contos, sofía
9/5/08
E CHEGARON OS MAIOS...
E por fin chegaron os maios...
Todo saiu moi ben e mesmo o sol quixo acompañarnos. Os nenos/as viñeron á escola con coroas, pulseiras e colares de frores. O "maio" luciu ben fermoso no medio do patio e recibiu as coplas e os cantos do público. Algunhas familias achegáronse ata o cole para estar con nós a festexar a primavera. Foi un acto breve pero cheo de colorido. Todos disfrutamos moito!
PARA VER MÁIS FOTOS PREME NA IMAXE:
![]() |
MAIOS 08 |
Etiquetas: coplas, maios, mestres goldar
7/5/08
COPLAS DOS MAIOS
Os nenos e nenas de 6º encargáronse de redactar as coplas dos MAIOS deste ano e, a dicir verdade, estiveron inspiradísimos...
Cun toque de humor foron capaces de narrar moitos acontecementos importantes que se sucederon durante este curso, ao mesmo tempo que nos adican unha despedida pois pronto serán alumnos de Instituto. E para que vexades que AQUÍ HAI MADEIRA!! déixovos unha mostra para que vaiades facendo boca ata o venres, día 9, que nos xuntaremos no patio para cantalas:
Aquí está o maio,

o maio, señores,
sempre tan guapiño
cuberto de flores.
.............
E nós, os maiores,
temos de encomenda
cantarche as copliñas
nesta linda festa
.............
Neste noso cole,
o Mestres Goldar,
temos moitas cousas
para festexar.
...............
Cantar cantan algúns
e outros bailamos
coa nosa BIBLIOTECA
estamos encantados.
..................
Hai libros e "ordenatas",
sofás moi coloridos,
é como estar na casa
ou no chalé dun rico.
................
Lemos todos os días,
devoramos os libros,
se seguimos así
chegaremos a ministros.
...............
O Mestres Goldar
estase modernizando,
tanta tecnoloxía
estanos abraiando.
..................
Hai pizarra electrónica,
mochilas viaxeiras,
pero quedamos sen conserxe
porque rompeu unha perna.
.................
.................
Donas e cabaleiros,
deixamos de cantar,
marchamos ao instituto
para a ESO comenzar.
Que vos pareceu?? Divertidísimas!! E aínda hai máis, pero temos que agardar ata o venres...
Etiquetas: 6º, biblioteca, coplas, maios, mestres goldar
6/5/08
EL DRAGÓN QUE TENÍA UN PROBLEMA
Hoxe Lucía, de 1º de EP, quere regalarnos este fermoso conto que nos demostra que falar é o mellor xeito de entenderse e que, moitas veces, nos deixamos levar polas apariencias e nos alarmamos sen motivo. Aquí tendes a historia dun pobre dragón famento...
Etiquetas: club escritores, contos infantiles, ilustradores
4/5/08
NANA DA LÚA CHEA
Da pruma de Manuel M. Caamaño ( Homesdepedra ) chéganos este fermoso poema adicado á súa filla Maruxa. A xestación deste poema explícanola el mesmo:
"Había unha vez un poeta…
E diredes vós: Poetas haiche ben deles. Pero este do que quero falar, tiña unha particularidade; Estaba na cadea.
E non vaiades a pensar que estaba preso por ser unha mala persoa , por roubar ou por ter cometido algunha falcatruada. Non , estaba no cárcere por non pensar igual que a xente que mandaba no pais nese momento.
Isto aconteceu fai xa moitos, moitos anos antes de vos naceredes , ou a vosa mestra ou eu ; e o poeta chamábase Miguel Hernández.
O coitado poeta , durante os longos días de cadea , lembrábase da súa dona e do seu fillo de poucos meses, os cales facía moito de menos, e para eles compuxo unha fermosa poesía , ou meu entender unha das mais fermosas nanas xamais escritas, e que levaba por titulo “Las Nanas de la Cebolla”. A vosa mestra de seguro que vos poderá ler un anaquiño dela.
Pero todo isto ben a conto de que eu un día , cando a miña filla era aínda un bebe, cantáballe a miúdo esta nana o carón do seu berce para arrolala.
Un día mentres entonaba eu os versos de Miguel Hernández, fixeime como Maruxa, (que é o nome de miña filla) ollaba dende o seu berce e a través dos vidros da fiestra a lúa chea que acababa de saír por encima dos montes próximos. A pequena estarricaba os seus braciños cara ela , tal que parecía querer collela cas súas manciñas.
Entón ocorréuseme escribir unha pequena poesía , na que contaba como Maruxa tentaba coller a lúa , e aproveitei a rima que tiña aínda na cabeza das “Nanas de la Cebolla” para facer a miña...."

Dende o meu berce vexo
A lúa chea.
Con cariña de pote
Lúa serea.
Eu quero tela!
Estarricando os brazos
Quixen collela.
Non cheguei a tocala
Cos meus dediños,
Que so estaba preto
Pra os meus olliños.
Lúa de prata!,
eu quixera meterte
na miña cama.
Ó meu lado un sorriso
Do mais fermoso,
Na cariña da nai
E agarimoso.
Fita pra min!,
Eu xa non quero a lúa,
Quérote a ti! .
Manuel M. Caamaño
Podes escoitar na voz de Joan Manuel Serrat "Las nanas de la cebolla":
Etiquetas: homesdepedra, miguel hernández, nana da lúa chea, nanas de la cebolla, poesia, serrat