Blog Widget by LinkWithin

7/3/08

EU QUERO SER MARIÑEIRO


EU QUERO SER MARIÑEIRO

Eu quero ser mariñeiro,
no meu barco navegar,
ir deixando no camiño
ronseles de escuma
que cortan o mar.

Eu quero ser mariñeiro,
á lúa segredos contar,
pintar de azul os meus soños,
de azul e verde
como o mar.

Eu quero ser mariñeiro,
cos peixes xogar e cantar,
vivir buscando sereas
agochadas nos corais.

Eu quero ser mariñeiro,
lixeiro nas ondas brincar,
chegar ata o horizonte
co meu perfume de sal.


Poema que están traballando @s alumn@s de 3º de EP na clase de Educación Artística

2 comentarios:

  1. TI QUES SER MARINEIRO, EU...

    Son mariñeiro, seino
    porque cando pecho os meus ollos
    fago sempre o mesmo,
    navego, navego.
    ...........
    E son mariñeiro, seino
    porque cando o vendaval me abraza
    busco as praias
    e durmo, mírame.
    ...............
    E son o almirante desta barca
    e o remeiro, e as velas
    e a quilla e o tolete
    e o temón e o patrón
    ..................
    Seino, o mar é a miña casa
    porque non canso das vagas
    non me amedrentan os ventos
    eu o meu mellor perfume e o salitre.
    ........................
    E se o meu rumbo cambia
    o lugar ese ao que chego
    é precisamente o lugar
    que ía a buscar e que por fin atopo.
    ...................
    Miña rosa dos ventos é a tristura
    E os meus rumbos son as ausencias
    .......................
    E cando miña e miña proa é doada
    e o meu sol brilla,
    é porque son eu o que navega
    na procura da inmensidade
    ...............................
    Son mariñeiro, seino
    porque isto que escribo
    é precisamente, o océano
    o mar dos miñas verbas.
    ....

    Gústame a vosa bitácora
    Apertas salgadas

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polas túas fermosas palabras, que fan aflorar sentimentos aínda máis fermosos. O mar da a vida, acolle as nostalxias e as esperanzas,dibuxa ledicias e tristuras, é fiel compañeiro de inquedanzas e sempre ofrece o brío necesario para enfrontar a existencia.

    ResponderEliminar